En man común. Os montes veciñais e a autoxestión colectiva dun ben común

18,00€

En Galicia existen máis de 3.000 comunidades de montes veciñais en man común, que ocupan a cuarta parte do territorio galego, que logo se di. Trátase dun dos exemplos actuais dos bens comúns cun gran número de comunidades en activo e, no entanto, segue a ser algo pouco coñecido, especialmente no que respecta ás singularidades que o diferencian doutros casos de bens comunais.

Un libro colectivo escrito principalmente por comuneiros e comuneiras. As experiencias das comunidades de montes veciñais en man común que aquí se comparten son inspiración para repensar e reclamar outras formas de propiedade, de xestión comunitaria, de democracia directa e popular, e para a activación e renovación do rural, algo que resulta absolutamente necesario
no contexto actual de emerxencia social e climática.

Dispoñible en galego, castelán e catalán

Autoría: colectiva
Idioma: galego
ISBN: 978-84-10255-39-5
Edita: Pol·len edicions
Año: 2026
Páginas: 190
Colección: L’observatori
Xénero: ensaio
Formato: 15 x21 cm
PVP: 18

En Galicia existen máis de 3.000 comunidades de montes veciñais en man común, que ocupan a cuarta parte do territorio galego, que logo se di. Trátase dun dos exemplos actuais dos bens comúns cun gran número de comunidades en activo e, no entanto, segue a ser algo pouco coñecido, especialmente no que respecta ás singularidades que o diferencian doutros casos de bens comunais.
As experiencias das comunidades de montes veciñais en man común que aquí se comparten son inspiración para repensar e reclamar outras formas de propiedade, de xestión comunitaria, de democracia directa e popular, e para a activación e renovación do rural, algo que resulta absolutamente necesario
no contexto actual de emerxencia social e climática.

Índice

NOTA EDITORIAL
OS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN. Outra forma de posuír que existe en Galicia 
Xosé Alfredo Pereira Martínez
QUE É O MONTE? Como nos vencellamos hoxe en día ao monte e cara a onde camiñar
Arsenio Pérez Alonso
AS MULLERES COMUNEIRAS NOS MONTES VECIÑAIS
Eva Pereira Iglesias
COMO REPERCUTE A NIVEL SOCIAL UN MONTE BEN XESTIONADO
Rafael Quintía Pereira
O MONTE COMO RECURSO ECONÓMICO: OPORTUNIDADES E AMEAZAS 
Ovidio Queiruga González
NÓS SOMOS PARTE DO BOSQUE. Breve historia da Comunidade de Montes de Teis 
Manuel Lopes Rodrigues
COMO ARTELLAR O EIXE ECONÓMICO CO SOCIAL E CO AMBIENTAL? Reflexións dende a experiencia da Comunidade de Montes
de vincios 
Alberto Covelo Casal
AS COMUNIDADES ENERXÉTICAS E O MONTE VECIÑAL EN MAN COMÚN
Gonzalo Pérez Vázquez, Bruno Dutto Acuña e Antonio Cajide Serrano
BOSQUES COMESTIBLES. Unha experiencia para rexenerar o territorio e a vida
Xavier Gacías Pedróns
A EXPERIENCIA DO MONTE VECIÑAL DE COUSO
Xosé Antón Araúxo Rodríguez
EPÍLOGO. Debuxar un monte 
Claudia Delso Carreira